xoves, 28 de marzo de 2019

DESCUBRE MOAÑA en primavera!

O prometido é débeda! Velaquí o programa de rutas de primavera no Concello de Moaña.

Nesta ocasión e da man do Concello de Moaña teremos 8 rutas guiadas gratuítas para descubrir Moaña durante os sábados e domingos dos meses de abril e maio. 



Para asistir só tedes que inscribirvos,  xa sexa a través do mail ailladosratos@gmail.com ou enviando un Whatsapp ao 611080853.

Desta vez poderedes disfrutar coas seguintes rutas:

A Moaña mariñeira:  A historia de Moaña e as súas xentes está moi vinculada co mar. Ao longo deste percorrido polo litoral entre o Porto de Moaña e o Porto de Meira os asistentes coñecerán detalles dos inicios da pesca tradicional, a historia do Pósito de Moaña e a figura do seu impulsor D. Jose Costa Alonso ou algúns dos naufraxios máis importantes que afectaron as familias de Moaña. Tamén visitarán o estaleiro de Carlagho, sede da Asociación Sueste, no que poderán coñecer o interior dunha carpintería de ribeira e o museo aberto das Carreiras de Meira.

             Punto de partida: Diante da nave da SD Tirán, Porto de Moaña
             Hora: 11:00
             Duración aproximada: 2 horas (ida)
             Lonxitude: 2,6 Km (lineal)
             Dificultade: Baixa
         
As Canteiras do Litoral de Moaña: Moaña é terra de mar pero tamén de pedra. Ao longo do noso percorrido descubriremos a historia que agochan as antigas canteiras do litoral de Moaña e que foron a orixe do crecemento económico e social da vila. Co paso do tempo e o desmantelamento das canteiras, eses novos espazos serviron de ubicación para novas actividades empresariais relacionadas co mar, como no caso do estaleiro ASCON ou de Conservas A Guía.

             Punto de partida: Aparcadoiro da Canteira "O Cocho" 
             Hora: 11:00
             Duración aproximada: 1h e 45 minutos
             Lonxitude: 2 km (lineal)
             Dificultade: baixa    


Intermareal de Tirán: Unha ruta moi interactiva axeitada para toda a familia e da que seguro que os asistentes, sobre todo os máis pequenos, sairán sabendo moitas curiosidades sobre as praias e a vida mariña.

             Punto de partida: Aparcadoiro de terra na igrexa de S Xoán de Tirán.
             Hora: 11:00
             Duración aproximada: 2 horas
             Lonxitude:1,5km (ida e volta)
             Dificultade: baixa

 Mulleres da historia de Moaña: Unha ruta para dar a coñecer e poñer en valor o papel da muller dentro do desenvolvemento da sociedade e a vila de Moaña. Historias que paga a pena coñecer sobre figuras importantes con nome propio como Lela Soage, Elisa de la Peña ou Lola Diz que se mesturarán con alusións a colectivos máis anónimos como as peixeiras, as mariscadoras ou as carreiras. 


             Punto de partida: Estación marítima. 
             Hora: 11:00
             Duración aproximada: 2 horas (ida)
             Lonxitude: 2km (lineal)
              Dificultade: baixa      


San Martiño: A igrexa de San Martiño é un dos monumentos románicos máis importantes do Morrazo e tamén dos máis interesantes e descoñecidos da comarca. Partindo da súa historia e da súa arquitectura imos ver como se desenvolveu a orixe de Moaña, vencellada ás familias nobres da parroquia, que deixaron tamén a súa pegada no entorno da igrexa. Casas antigas, arte que pasa desapercibida e historias descoñecidas é o que podemos atopar arredor dun monumento tan importante.

             Punto de partida: Igrexa de San Martiño
             Hora: 11:00
             Duración aproximada: 1 hora y media
             Lonxitude: 1 km
             Dificultade: Baixa

Sendeiro da Fraga: O río da Fraga, un dos máximos expoñentes naturais de Moaña, foi un dos fíos vertebradores da vida cotiá dos nosos antepasados. Un entorno natural espectacular serviranos nesta ruta como marco para explicar a importancia que os ríos en xeral teñen tanto a nivel natural como paisaxístico e humano. Un río é moito máis que un curso de auga, é a columna vertebral de todo un ecosistema. Pero este ecosistema é tamén o que nos permitiu vivir nesta zona. As súas augas serviron para regar os cultivos e sobre todo para mover a principal industria de Galicia ata non hai tanto: os muíños.
De todo isto falaremos nunha ruta de 4 km bordeando o río, escoitando o continuo correr da auga, admirando a súa variedade paisaxística e por que non dicilo, dos cambios e feridas que pouco a pouco imos facendo a este entorno tan especial.


             Punto de partida: Inicio da ruta do Río da Fraga (desembocadura do Río da Fraga)
             Hora: 10:30
             Duración aproximada: 2 horas e media
             Lonxitude: 4 km (lineal)
             Dificultade: Media


Se tedes algunha dúbida ou tedes un grupo que queira facer a ruta outro día, podedes poñervos en contacto con nós: utilizar o noso formulario de contacto da caixiña da dereita, contactar a través das nosas redes sociais, enviar un email a: ailladosratos@gmail.com ou por Whatsapp ao 611080853.

Vémonos!

domingo, 20 de xaneiro de 2019

DESCUBRE MOAÑA!

Comezamos a tempada de rutas en Moaña!

Nesta ocasión e da man do Concello de Moaña teremos 8 rutas guiadas gratuítas para descubrir Moaña durante os sábados dos meses de febreiro e marzo. 


Para asistir só tedes que inscribirvos,  xa sexa a través do mail ailladosratos@gmail.com ou enviando un Whatsapp ao 611080853.

Desta vez poderedes disfrutar coas seguintes rutas:

A Moaña mariñeira:  A historia de Moaña e as súas xentes está moi vinculada co mar. Ao longo deste percorrido polo litoral entre o Porto de Moaña e o Porto de Meira os asistentes coñecerán detalles dos inicios da pesca tradicional, a historia do Pósito de Moaña e a figura do seu impulsor D. Jose Costa Alonso ou algúns dos naufraxios máis importantes que afectaron as familias de Moaña. Tamén visitarán o estaleiro de Carlagho, sede da Asociación Sueste, no que poderán coñecer o interior dunha carpintería de ribeira e o museo aberto das Carreiras de Meira.

             Punto de partida: Diante da nave da SD Tirán, Porto de Moaña
             Hora: 11:00
             Duración aproximada: 2 horas (ida)
             Lonxitude: 2,6 Km (lineal)
             Dificultade: Baixa
           
As Canteiras do Litoral de Moaña: Moaña é terra de mar pero tamén de pedra. Ao longo do noso percorrido descubriremos a historia que agochan as antigas canteiras do litoral de Moaña e que foron a orixe do crecemento económico e social da vila. Co paso do tempo e o desmantelamento das canteiras, eses novos espazos serviron de ubicación para novas actividades empresariais relacionadas co mar, como no caso do estaleiro ASCON ou de Conservas A Guía.

             Punto de partida: Aparcadoiro da Canteira "O Cocho" 
             Hora: 11:00
             Duración aproximada: 1h e 45 minutos
             Lonxitude: 2 km (lineal)
             Dificultade: baixa    

Intermareal de Tirán: Unha ruta moi interactiva axeitada para toda a familia e da que seguro que os asistentes, sobre todo os máis pequenos, sairán sabendo moitas curiosidades sobre as praias e a vida mariña.

             Punto de partida: Aparcadoiro de terra na igrexa de S Xoán de Tirán.
             Hora: 11:00
             Duración aproximada: 2 horas
             Lonxitude:1,5km (ida e volta)
             Dificultade: baixa

 Mulleres da historia de Moaña: Unha ruta para dar a coñecer e poñer en valor o papel da muller dentro do desenvolvemento da sociedade e a vila de Moaña. Historias que paga a pena coñecer sobre figuras importantes con nome propio como Lela Soage, Elisa de la Peña ou Lola Diz que se mesturarán con alusións a colectivos máis anónimos como as peixeiras, as mariscadoras ou as carreiras. 

             Punto de partida: Estación marítima. 
             Hora: 11:00
             Duración aproximada: 2 horas (ida)
             Lonxitude: 2km (lineal)
              Dificultade: baixa      


San Martiño: A igrexa de San Martiño é un dos monumentos románicos máis importantes do Morrazo e tamén dos máis interesantes e descoñecidos da comarca. Partindo da súa historia e da súa arquitectura imos ver como se desenvolveu a orixe de Moaña, vencellada ás familias nobres da parroquia, que deixaron tamén a súa pegada no entorno da igrexa. Casas antigas, arte que pasa desapercibida e historias descoñecidas é o que podemos atopar arredor dun monumento tan importante.

             Punto de partida: Igrexa de San Martiño
             Hora: 11:00
             Duración aproximada: 1 hora y media
             Lonxitude: 1 km
             Dificultade: Baixa


Se tedes algunha dúbida ou tedes un grupo que queira facer a ruta outro día, podedes poñervos en contacto con nós: utilizar o noso formulario de contacto da caixiña da dereita, contactar a través das nosas redes sociais, enviar un email a: ailladosratos@gmail.com ou por Whatsapp ao 611080853.

Vémonos!

mércores, 14 de novembro de 2018

OUTONO EN RUTA 2018

Para rematar un ano moi intenso presentamos o noso último proxecto de rutas guiadas gratuitas do 2018 coa colaboración do Concello de Cangas, Asociación Cultural A Cepa e Centro Óptico Cangas.

Para asistir únicamente hai que inscribirse previamente a través do email ailladosratos@gmail.com ou enviando un whatsapp ao 611 08 08 53 indicando os datos persoais e de contacto dos asistentes.