xoves, 9 de agosto de 2018

AS CANTEIRAS DO LITORAL DE MOAÑA


  • As Canteiras do Litoral de Moaña. 
             Punto de partida: Aparcadoiro da Canteira "O Cocho"
             Hora: 11:00
             Duración aproximada: 1h e 45 minutos
             Lonxitude: 2 km (lineal)
             Dificultade: Baixa

Moaña é terra de mar pero tamén de pedra. Ao longo do noso percorrido descubriremos a historia que agochan as antigas canteiras do litoral de Moaña e que foron a orixe do crecemento económico e social da vila. Co paso do tempo e o desmantelamento das canteiras, eses novos espazos serviron de ubicación para novas actividades empresariais relacionadas co mar, como no caso do estaleiro ASCON ou de Conservas A Guía.

Dar a coñecer e valorizar este entorno axudaranos a entender a evolución económica, social e urbanística de Moaña.

Para asistir envia un email a ailladosratos@gmail.com indicando: nome, idade, ruta e data elixida, e un teléfono de contacto.

Se aínda así tes problemas para asistir ou tes un grupo que quera facer a ruta outro día podes poñerte en contacto con nós, enviando un mail a  ailladosratos@gmail.com ou nas nosas redes sociais.

Vémonos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario