mércores, 9 de maio de 2018

RUTAS DE MUÍÑOS DO MORRAZO

Este domingo día 6 estreamos a ruta "Os Muíños de Coiro". Fixemos cadrar esta première coa "Festa do Muíño de Fausto", que organiza a Asociación Cacarexo, para darlle maior contexto a toda a actividade. Fostes moitos os que nos acompañastes nesta ruta interpretativa de todo o relacionado cos muíños, o cultivo do cereal e a vida dos muiñeiros. Algúns sorprendéstesvos ao ver marcados nun mapa os principais ríos da comarca do Morrazo que contan con rutas para recorrer os seus numerosos muíños. Como nos pedistes que compartiramos ese mapa, aquí o tendes! 

Nós volveremos repetir a ruta interpretativa polos muíños do río Bouzós, pero ademáis desta, podedes recorrer libremente os muíños do río Orxás en Aldán, os do río Bispo en Bueu, os do río da Fraga en Moaña, os do río Loira en Marín, os de Riomaior en Vilaboa... 


Ningún comentario:

Publicar un comentario