mércores, 8 de novembro de 2017

RUTA DOS MUÍÑOS DE COIRO


Foto de Evaristo Cancelas.


Punto de finalización: Muíño de Fausto
Hora: 11:00
Duración aproximada: 1h 30'
Lonxitude: 1'4 km
Dificultade: Baixa

Ao principio foi o millo miúdo moído manualmente o que nos daba a fariña para o pan (ese alimento básico para a supervivencia ata non hai tanto tempo), pero pouco a pouco o enxeño foi evolucionando, pasando por innumerables fases e tipoloxías, ata chegar á máis absoluta perfección: moer sen esforzo e sen consumir recursos. A natureza proporciona o gran e a auga/vento que, unha vez usada, volve limpa como chegou e sen perder unha pinga, ao seu curso natural. Nós simplemente temos que poñer o medio para transformar o gran en fariña. O resultado foi unha máquina perfecta e totalmente ecolóxica.

Queres saber máis? Nesta ruta desvelaremos os segredos do muíño, piar da alimentación durante séculos. Da alimentación e de boa parte das relacións sociais que marcaron a sociedade galega.

Para asistir, inscríbete nas Oficinas de Turismo de Cangas:
  • Avenida Eugenio Sequeiros, 9   Teléfono: 986392023
Ou ben envia un email a ailladosratos@cangas.gal indicando: nome, idade, ruta e data elixida, e un teléfono de contacto.

Se aínda así tes problemas para asistir ou tes un grupo que quera facer a ruta outro día podes poñerte en contacto con nós, enviando un mail a  ailladosratos@gmail.com ou nas nosas redes sociais.

Vémonos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario