domingo, 9 de abril de 2017

A HISTORIA DAS MULLERES DE CANGAS



Hora: 11:00
Duración aproximada: 1h 30'
Lonxitude: 1,5 km
Dificultade: Baixa

A través desta ruta pretendemos dar a coñecer e poñer en valor a figura de algunhas das mulleres máis importantes ao longo da historia de Cangas. Desde María Soliño a Fina Acuña Graña, á que se dedican en 2018 todas as actividades a nivel institucional, falarase de grandes mulleres con nome propio pero tamén de outros colectivos formados por mulleres anónimas como as peixeiras, as redeiras ou as traballadoras das conserveiras, facendo énfases na súa capacidade de superación e traballo. Tamén terán o seu lugar mulleres relacionadas coa cultura, a educación, o deporte  ou a política. 


Para asistir, inscríbete nas Oficinas de Turismo de Cangas:
  • Avenida Eugenio Sequeiros, 9   Teléfono: 986392023
Ou ben envia un email a ailladosratos@cangas.gal indicando: nome, idade, ruta e data elixida, e un teléfono de contacto.

Se aínda así tes problemas para asistir ou tes un grupo que quera facer a ruta outro día podes poñerte en contacto con nós, enviando un mail a  ailladosratos@gmail.com ou nas nosas redes sociais.

Vémonos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario