xoves, 25 de xaneiro de 2018

CANGAS E O MAR


Praia do Sinal 1905

  • Cangas e o mar. 
             Punto de partida: Igrexa de Cangas
             Hora: 11:00
             Duración aproximada: 1h e media
             Lonxitude: 1,5 km
             Dificultade: Baixa

Cangas é mar, salitre, ondas, peixe. Do mar naceu e o mar foi sempre o motor e a fonte da riqueza dos seus habitantes.

Non podemos falar de como foi crecendo Cangas sen falar da pesca tradicional e dos primeiros exportadores; de como se pasou da pesca de subsistencia á industrialización e con ela aos primeiros movementos mariñeiros da nosa vila, nin de como eses movementos tomaron forma de sociedades, de alianzas... Traballadoras e traballadores do mar que reflectiron en terra esa forma de defender o seu, o noso.

O carácter loitador que ten o cangués nace nalgún momento da nosa historia e o longo da ruta tentaremos atopalo.

Para asistir, inscríbete nas Oficinas de Turismo de Cangas:
  • Avenida Eugenio Sequeiros, 9   Teléfono: 986392023
Ou ben envia un email a ailladosratos@gmail.com indicando: nome, idade, ruta e data elixida, e un teléfono de contacto.

Se aínda así tes problemas para asistir ou tes un grupo que quera facer a ruta outro día podes poñerte en contacto con nós, enviando un mail a  ailladosratos@gmail.com ou nas nosas redes sociais.

Vémonos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario