mércores, 1 de marzo de 2017

HÍO, de pedra en pedra



Punto de partida: Adro da Igrexa do Hío
Hora: 11:00
Duración aproximada: 1h 30'
Lonxitude: 1km
Dificultade: Baixa

No corazón da parroquia do Hío, no Iglesario, atópase un conxunto monumental cargado de arte, historia e tradición.

Todos sabemos que nel, o protagonista indiscutible é o famoso Cruceiro do Hío, pero ás veces, parece que esquecemos que o cruceiro brilla aínda máis gracias ao mágnifico entorno paisaxístico e arquitectónico que o acompaña día a día.

Así pois, con esta ruta polo corazón do Hío, percorreremos, pedra a pedra, cada un dos elementos que fan compañía ao famoso monumento:

un adro de danzas e defuntos,
unha igrexa de arte e cultos,
casas de señorio e de chan de terra,
unha fonte de felicidade,
un lavadoiro de noticias,
un pequeno cruceiro que non deixa de sufrir,
rúas esquecidas que volveremos descubrir.

Todos e cada un deles, gardan nas súas formas e cores graníticas, recordos dun pasado non moi afastado e dun presente que loita por manter vivas tradicións ancestráis.

Para asistir, inscríbete nas Oficinas de Turismo de Cangas:
  • Avenida Eugenio Sequeiros, 9   Teléfono: 986392023
Ou ben envia un email a turismo@cangas.gal indicando: nome, idade, ruta e data elixida, e un teléfono de contacto.

Se aínda así tes problemas para asistir ou tes un grupo que quera facer a ruta outro día podes poñerte en contacto con nós, enviando un mail a  ailladosratos@gmail.com ou nas nosas redes sociais.

Vémonos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario