venres, 20 de xaneiro de 2017

VOLVEMOS CON INVERNO EN RUTA!

Dicide a verdade... botástesnos de menos!

Pois xa estamos de volta con 9 rutas de inverno para quentar os pés e o ánimo. As rutas guiadas son gratuítas e veñen da man da Concellaría de Turismo e Medio ambiente do Concello de Cangas.





As prazas son limitadas polo que para anotarse cómpre inscribirse na Oficina de Turismo de Cangas: Avenida Eugenio Sequeiros, 9   Teléfono: 986392023

Ou ben enviar email a turismo@cangas.gal indicando: nome, idade, ruta e data elixida, e un teléfono de contacto.

O horario de comezo de todas as rutas será as 11:00 no punto indicado para cada unha delas.

  • Massó. O sentir dun pobo.
             Punto de partida:  Fábrica de Massó
             Hora: 11:00
             Duración aproximada: 2h 
             Lonxitude: 1,4 km
  • Rúas con historia. A orixe dos nomes das nosas rúas.
             Punto de partida:  O Reloxo da Alameda
             Hora: 11:00
             Duración aproximada: 2h
             Lonxitude:  2 km
  • Monte Facho. Gardián milenario.
             Punto de partida: Caracola de Donón
             Hora: 11:00
             Duración aproximada: 2h 
             Lonxitude:  2,2 km
  • Cangas 1617. A defensa da vila.

             Punto de partida: Palco da Alameda Vella 
             Hora: 11:00
             Duración aproximada: 2h
             Lonxitude:  1,5 km
  • Senda costeira. Areamilla - Liméns.
             Punto de partida: Praia de Areamilla
             Hora: 11:00
             Duración aproximada: 2h 
             Lonxitude:  7 km


Se tedes algunha dúbida ou tedes un grupo que queira facer a ruta outro día, podedes poñervos en contacto coa Oficina de Turismo de Cangas, utilizar o noso formulario de contacto da caixiña da dereita, contactar a través das nosas redes sociais ou enviar un email a: ailladosratos@gmail.com

Pouco a pouco iremos ampliando información e se estades atentos as nosas redes sociais, estaredes ao día das novas do "Inverno en Ruta"!

Vémonos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario