mércores, 1 de marzo de 2017

SENDA COSTEIRA, de Areamilla a Liméns.




Punto de partida:  Praia de Areamilla
Hora: 11:00
Duración aproximada: 2h 
Lonxitude: 7 km
Dificultade: Media - baixa


O entorno da actual senda costeira de Areamilla servirá de marco incomparable para coñecer parte das interesantes historias que gardan as nosas costas.

Durante o percorrido atravesaremos o túnel de Areamilla e a continuación os nosos guías irán combinando paradas de índole natural con outras máis históricas nas que trataremos temas como:
  • Os naufraxios entorno á Borneira
  • Natureza autóctona, mitos e lendas
  • Incursións piratas
  • As furnas
  • A puxanza da industria da salgadura e da conserva nos séculos XIX e XX
  • O complexo dunar de Liméns, a súa evolución natural.
Será unha ruta amena e interactiva na que aprenderemos un pouquiño máis sobre a nosa natureza e a nosa cultura.

Para asistir, inscríbete nas Oficinas de Turismo de Cangas:
  • Avenida Eugenio Sequeiros, 9   Teléfono: 986392023
Ou ben envia un email a turismo@cangas.gal indicando: nome, idade, ruta e data elixida, e un teléfono de contacto.

Se aínda así tes problemas para asistir ou tes un grupo que quera facer a ruta outro día podes poñerte en contacto con nós, enviando un mail a  ailladosratos@gmail.com ou nas nosas redes sociais.

Vémonos!


Ningún comentario:

Publicar un comentario