martes, 25 de outubro de 2016

OUTONO EN RUTA!

Despois do éxito de "verán en ruta" e "sábados en ruta", comezamos outro programa de rutas guiadas gratuítas da man da Concellaría de Turismo do Concello de Cangas: "OUTONO EN RUTA"



É  un pracer para nós poder seguir ofrecendo as rutas que tanto vos gustaron durante o verán e amplialas con 3 rutas novas que esperamos teñan o mesmo resultado.

NOVEMBRO:
  • DÍA 5: Os segredos do Carballal de Coiro. Unha fraga de meigas e lendas.
             Punto de partida:  Igrexa de S. Salvador
             Hora: 11:00
             Duración aproximada: 2h 30'
             Lonxitude: 7,5 km       
  • DÍA 12: Massó. O sentir dun pobo.
             Punto de partida:  Fábrica de Massó
             Hora: 11:00
             Duración aproximada: 2h 
             Lonxitude: 1,4 km
  • DÍA 19: Aldán. Un condado á beira do mar.
             Punto de partida:  Porto de Aldán
             Hora: 11:00
             Duración aproximada: 1h 45'
             Lonxitude: 5 km
  • DÍA 26: Rúas con historia. A orixe dos nomes das nosas rúas.
             Punto de partida:  O Reloxo da Alameda
             Hora: 11:00
             Duración aproximada: 2h
             Lonxitude:  2 km

DECEMBRO:

  • DÍA 3: Panorámica de Cangas. Camiñando polas atalaias da serra da Madalena.
             Punto de partida:  Aparcamento do Balcón do Rei
             Hora: 11:00
             Duración aproximada: 2h 45' 
             Lonxitude:  9 km
  • DÍA 10: Monte Facho. Gardián milenario.
             Punto de partida: Caracola de Donón
             Hora: 11:00
             Duración aproximada: 2h 
             Lonxitude:  2,2 km
  • DÍA 17: Rúas con historia. A orixe dos nomes das nosas rúas.
             Punto de partida:  O Reloxo da Alameda
             Hora: 11:00
             Duración aproximada: 2h
             Lonxitude:  2 km


As prazas son limitadas polo que para anotarse cómpre inscribirse nas Oficinas de Turismo de Cangas.

Avenida Eugenio Sequeiros, 9   Teléfono: 986392023
Avenida Montero Ríos , s/n        Teléfono: 986300875

Ou ben enviar email a turismo@cangas.gal indicando: nome, idade, ruta e data elixida, e un teléfono de contacto.

O horario de comezo de todas as rutas será as 11:00 no punto indicado para cada unha delas.

Se tedes algunha dúbida ou tedes un grupo que queira facer a ruta outro día, podedes poñervos en contacto coas Oficinas de Turismo de Cangas, utilizar o noso formulario de contacto da caixiña da dereita, contactar a través das nosas redes sociais ou enviar un email a: ailladosratos@gmail.com

Pouco a pouco iremos ampliando información e se estades atentos as nosas redes sociais, estaredes ao día das novas do "Outono en Ruta"!

Vémonos!


Ningún comentario:

Publicar un comentario