domingo, 25 de outubro de 2015

A Asociación de Animación Sociocultural e Turística A Illa dos Ratos é unha nova asociación sen ánimo de lucro que nace no Concello de Cangas co fin de dinamizar e diversificar a oferta sociocultural e turística na Comarca do Morrazo e a súa contorna.

Para levar a cabo as nosas actividades, contamos con persoas de diferentes eidos coma o tempo libre, a animación sociocultural, o medio ambiente, o turismo ou a cultura, que desexan dedicar parte do seu tempo de lecer a dinamizar a nosa contorna e ofertar actividades de carácter lúdico e didáctico.

No noso ánimo está manternos sempre en contacto coa realidade que nos rodea, e para poder levar a cabo os nosos fins estamos sempre abertos a colaborar con outros colectivos da vila e co Concello de Cangas.


Ningún comentario:

Publicar un comentario