martes, 6 de setembro de 2016

COMEZA SÁBADOS EN RUTA!

Despois da boísima acollida do "Verán en ruta", polo que pasaron medio milleiro de persoas (grazas a todas elas), temos o pracer de presentarvos "Sábados en ruta", unha proposta similar pero con novas rutas que se desenvolverán entre setembro e outubro.




Volvemos a colaborar coa Concellaría de Medio Ambiente e Turismo do Concello de Cangas para ofrecervos 8 rutas guiadas gratuítas que percorrerán os lugares máis destacables do noso concello. Algunha ruta xa a coñecedes do "Verán en ruta", pero temos 3 novas propostas que vos gustarán e que farán que os sábados de setembro e outubro vos apeteza levantarvos da cama.



SETEMBRO:
  • DÍA 10: Complexo Industrial de Massó, o sentir dun pobo. Viaxaremos no tempo para rememorar como funcionaba a que chegou a ser a maior fábrica conserveira de Europa, que foi pioneira tanto a nivel social coma industrial.
  • DÍA 17: Intermareal, mar á vista! Pasearemos pola praia descubrindo os tesouros que agocha o mar e achegarémonos ás rochas para observar a fauna e a flora que o habitan. Toda a familia poderá aprender e divertirse con xogos na praia ao rematar a ruta.
  • DÍA 24: Cabo Home. Partiremos da Caracola de Donón e percorreremos parte do sendeiro azul nunha ruta que xuntará historia e natureza.
OUTUBRO:
  • DÍA 1: Intermareal, mar á vista! Pasearemos pola praia descubrindo os tesouros que agocha o mar e achegarémonos ás rochas para observar a fauna e a flora que o habitan. Toda a familia poderá aprender e divertirse con xogos ao rematar a ruta.
  • DÍA 8: Complexo Industrial de Massó, o sentir dun pobo. Viaxaremos no tempo para rememorar como funcionaba a que chegou a ser a maior fábrica conserveira de Europa, que foi pioneira tanto a nivel social coma industrial.
  • DÍA 15: Monte do Facho, gardián milenario. Unha calzada cun forte desgaste, centos de aras, un asentamento da Idade do Bronce, petroglifos... Todas son pezas dun puzzle que na ruta do Facho tentamos xuntar para construír a historia deste monte sagrado.
  • DÍA 22: Senda costeira de Areamilla - Liméns. Sairemos da Praia de Areamilla para percorrer o sendeiro que a une coa Praia de Liméns falando de natureza, furnas, historia...
  • DÍA 29: Rúas con historia. Un xeito distinto de ver Cangas, descubrindo a historia das nosas rúas dende o punto de vista das personaxes que lle dan nome.

As prazas son limitadas polo que para anotarse cómpre inscribirse nas Oficinas de Turismo de Cangas
  • Avenida Eugenio Sequeiros, 9   Teléfono: 986392023
  • Avenida Montero Ríos , s/n        Teléfono: 986300875
Ou ben enviar email a turismo@cangas.gal indicando: nome, idade, ruta e data elixida, e un teléfono de contacto.

O horario de comezo de todas as rutas será as 11:00 no punto indicado para cada unha delas.

Se tedes algunha dúbida ou tedes un grupo que queira facer a ruta outro día, podedes poñervos en contacto coas Oficinas de Turismo de Cangas, utilizar o noso formulario de contacto da caixiña da dereita, contactar a través das nosas redes sociais ou enviar un email a: ailladosratos@gmail.com

Pouco a pouco iremos ampliando información e se estades atentos as nosas redes sociais, estaredes ao día das novas dos "Sábados en Ruta"!

Vémonos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario