mércores, 1 de marzo de 2017

INTERMAREAL, mar á vista!


Punto de partida:  Praia de Areamilla
Hora: 11:00
Duración aproximada: 1h 30' 
Lonxitude: 1,2 km
Dificultade: Media
A ruta, que está recomendada para toda a familia, partirá da Praia de Areamilla e desenvolverase polo Espazo Natural Punta Balea. Aproveitaremos esta zona de gran riqueza e biodiversidade para contar dun xeito ameno e distendido como se forman as olas, os diferentes tipos de praias, a cantidade de vida que pode haber nunha poza cando baixa a marea... e responder a calquera dúbida que poda xurdir.
É unha ruta moi interactiva da que seguro sairedes sabendo moitas curiosidades sobre as praias e a vida mariña.

Para asistir, inscribídevos nas Oficinas de Turismo de Cangas:
  • Avenida Eugenio Sequeiros, 9   Teléfono: 986392023
Ou ben enviade un email a turismo@cangas.gal indicando: nome, idade, ruta e data elixida, e un teléfono de contacto.
Se aínda así tedes problemas para asistir ou tedes un grupo que quera facer a ruta outro día podedes poñervos en contacto con nós, enviando un mail a  ailladosratos@gmail.com ou nas nosas redes sociais.

Vémonos!

2 comentarios:

  1. Experiencia divertida, interesante y educativa. ¡Magnífica iniciativa!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Muchísimas gracias, Carlos! :) Nuestra motivación es que a vosotros os guste.

      Eliminar