venres, 3 de xuño de 2016

COMEZA O VERÁN EN RUTA!

Hoxe tivo lugar a presentación oficial da programación de rutas de verán que organiza a Concellaría de Medio Ambiente e Turismo do Concello de Cangas e na que colaboran a Deputación de Pontevedra e nós, a Asociación A Illa dos Ratos.



Son 22 rutas guiadas e gratuítas que se levarán a cabo durante os fins de semana dos meses de xuño, xullo e agosto e que percorrerán algúns dos lugares máis destacables do noso concello:


  • Complexo Industrial de Massó, o sentir dun pobo: Viaxaremos no tempo para rememorar como funcionaba a que chegou a ser a maior fábrica conserveira de Europa, que foi pioneira tanto a nivel social coma industrial.
  • Monte do Facho, gardián milenario: Achegarémonos á interesante historia deste monte sagrado, que durante milenios estivo gardando as nosas costas e que pouco a pouco nos vai desvelando os seus segredos.
  • Intermareal, mar á vista!: Pasearemos pola praia descubrindo os tesouros que agocha o mar e achegarémonos ás rochas para observar a fauna e a flora que o habitan. Toda a familia poderá aprender e divertirse con xogos ao rematar a ruta.


As prazas son limitadas polo que para anotarse cómpre inscribirse nas Oficinas de Turismo de Cangas
  • Avenida Eugenio Sequeiros, 9   Teléfono: 986392023
  • Avenida Montero Ríos , s/n        Teléfono: 986300875
Ou ben enviar email a turismo@cangas.gal indicando: nome, idade, ruta e data elixida, e un teléfono de contacto.

O calendario das rutas é o seguinte:



O horario de comezo de todas as rutas será as 11:00 no punto indicado para cada unha delas.

Se tedes algunha dúbida ou tedes un grupo que queira facer a ruta outro día, podedes poñervos en contacto coas Oficinas de Turismo de Cangas, utilizar o noso formulario de contacto da caixiña da dereita, contactar a través das nosas redes sociais ou enviar un email a: ailladosratos@gmail.com

Pouco a pouco iremos ampliando información e se estades atentos as nosas redes sociais, estaredes ao día das novas do Verán en Ruta!

Ningún comentario:

Publicar un comentario