mércores, 14 de novembro de 2018

OUTONO EN RUTA 2018

Para rematar un ano moi intenso presentamos o noso último proxecto de rutas guiadas gratuitas do 2018 coa colaboración do Concello de Cangas, Asociación Cultural A Cepa e Centro Óptico Cangas.

Para asistir únicamente hai que inscribirse previamente a través do email ailladosratos@gmail.com ou enviando un whatsapp ao 611 08 08 53 indicando os datos persoais e de contacto dos asistentes.



luns, 3 de setembro de 2018

CANGAS EN RUTA POLA COSTA

Cangas en ruta pola costa é o noso novo programa de rutas para o mes de setembro que estará centrado na relación da nosa vila co mar.

Queremos agradecer a confianza depositada en  nós por parte dos nosos colaboradores para que seguir camiñando sexa posible: O Forno de PabloClínica Dental Fortela Factoría de PROYECTOS de Bueu e a Rodeiramar 2A






As prazas son limitadas polo que para anotarse cómpre inscribirse: email a ailladosratos@gmail.com indicando: nome, idade, ruta elixida, e un teléfono de contacto. Tamén podedes contactar con nós vía Facebook, ou co formulario de contacto da dereita.

  • Senda costeira. Areamilla - Liméns.
             Punto de partida: Praia de Areamilla
             Hora: 11:00
             Duración aproximada: 2h 
             Lonxitude:  7 km
             + info ruta Senda costeira
  • Cangas e o mar. 
             Punto de partida: Igrexa de Cangas
             Hora: 11:00
             Duración aproximada: 1h e media
             Lonxitude: 1,5 km
             Dificultade: Baixa
             + info ruta Cangas e o mar
            
  • Massó. O sentir dun pobo.
             Punto de partida:  Fábrica de Massó
             Hora: 11:00
             Duración aproximada: 2h 
             Lonxitude: 1,4 km
             Dificultade: Baixa
             + info ruta de Massó

  • Casco histórico de Cangas. 
             Punto de partida:  Oficina de información turística do Porto
             Hora: 11:00
             Duración aproximada: 2h 
             Lonxitude: 1,5 km
             Dificultade: Baixa
            + info ruta casco histórico

  • Cabo Home. Camiño dos faros.
             Punto de partida: Caracola de Donón
             Hora: 11:00
             Duración aproximada: 1h 45' 
             Lonxitude:  3 km
             Dificultade: Media
             + info ruta Cabo Home
      

Se tedes algunha dúbida ou tedes un grupo que queira facer a ruta outro día, podedes poñervos en contacto con nós: utilizar o noso formulario de contacto da caixiña da dereita, contactar a través das nosas redes sociais ou enviar un email a: ailladosratos@gmail.com

Vémonos!

CASCO HISTÓRICO DE CANGAS




Hora: 11:00
Duración aproximada: 2h 
Lonxitude: 1'5 km
Dificultade: Baixa

O casco histórico de Cangas, a parte antiga, é esa zona de Cangas que todos coñecemos, pola que pasamos todos os días. Temos a impresión de que a coñecemos moi ben, pero é realmente así? Coñecemos todos os segredos que nos mostra? Somos capaces de interpretar toda a información que nos transmiten as súas casa de pedra e as súas rúas estreitas?

Nesta ruta pretendemos ver o casco histórico dunha maneira diferente. Fixándonos naqueles detalliños que por estar aí desde sempre, nin sequera reparamos neles. Recorreremos os dous barrios, o Costal e o Sinal, e veremos o diferentes que poden ser dúas partes dun mesmo casco antigo. Pero sobre todo, intentaremos mergullarnos na historia que  agocha (mostrándose a simple vista para quen o quera ver) unha vila habitada desde hai máis de oito séculos.

Para asistir, contacta con nós a través do mail: ailladosratos@gmail.com

Vémonos!